Da Capo

Da Capo é un signo musical italiano que significa volver empezar. Nalgunhas pezas musicais equivale ao signo de repetición. É a miúdo abreviado coma D.C. É unha directriz do compositor ou do director para repetir a parte anterior da música, a miúdo para aforrar espazo. En pequenas pezas isto podería ser a mesma cousa que unha repetición, pero en traballos máis longos D.C. podería aparecer logo dunha ou máis repeticións de pequenas seccións, indicando unha volta ó principio. Ás veces o compositor describe a parte a ser repetida, por exemplo: Menuet da capo. Na ópera, onde unha aria con esta estrutura é chamada da capo aria, a sección repetida é a miúdo engalanada con notas de graza


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy